A Técnica Contable Libro

A Técnica Contable

Autor: Lopez Camean, Angel Manuel

$267.000 $200.000
Product Image

¡Si fueras socio Praim Onlain+ tendrias 20% OFF! en A Técnica Contable

$200.000 COP $160.000 COP
Hazte socio por solo $9.999/mes

A Técnica Contable

Este libro desenvolve os contidos do módulo profesional de Técnica Contable, incluí­do no Ciclo Formativo de grao medio de Xestión Administrativa, pertencente á familia profesional de Administración e Xestión. Os contidos tratados correspóndense cos establecidos no currí­culo oficial vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 191/2010, do 28 de outubro.;Ao longo de dez unidades aséntanse as bases da metodoloxí­a contable mediante o recoñecemento dos elementos que integran o patrimonio dunha organización económica, a súa clasificación en masas patrimoniais, a aplicación do Convenio de cargo e aboamento e do Método da partida dobre, e a identificación do contido básico do Plan Xeral de Contabilidade de pequenas e medianas empresas que permitirán entender o mecanismo dos rexistros necesarios para a elaboración dos libros contables e a formulación das contas anuais.;Deseguido, apréndense a contabilizar as operacións de gastos e ingresos, as relativas ao inmobilizado, e as operacións financeiras que se levan a cabo na xestión empresarial, para finalmente proceder a realizar os axustes contables no peche do exercicio. Para rematar, preséntanse aplicacións informáticas especí­ficas para a contabilización dos feitos contables, valorando a súa eficiencia na xestión do plan de contas.;Así­ mesmo, cada unidade inclúe numerosas actividades resoltas, exemplos, esquemas, táboas, figuras, cadros con información adicional, mapas conceptuais e actividades fi nais de comprobación, de aplicación, e de ampliación que de seguro contribuirán a acadar os obxectivos fixados ao inicio do estudo desta materia.;En definitiva, A técnica contable contribúe a que se adquiran de forma progresiva e continua as competencias necesarias para que o futuro técnico poida desenvolverse con éxito no mundo laboral.;O autor, licenciado en Economí­a pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor en activo no corpo de profesores técnicos de formación profesional con máis de dez anos de experiencia profesional na docencia de Ciclos Formativos e de Formación para o Emprego da familia de Administración e Xestión. Ademais, é especialista no emprego de aplicacións informáticas e no desenvolvemento das novas tecnoloxí­as orientadas á xestión empresarial.

De: Bukz España

SKU: 9788428338325

Editorial: Paraninfo

Número de páginas:

Categoría:

  • Libros de Texto y Formación
Disponibilidad en tiendas
Bukz Las Lomas: Cra. 30 #10-335 Trans Inferior, MedellinNo disponible
Bukz Bogota 109: Cl. 109 #18-39, San Patricio, BogotaNo disponible
Bukz Viva Envigado: Cra. 48 #32B Sur-139, Zona 1, Envigado, AntioquiaNo disponible

    Los envíos se realizan de lunes a sábado a todo el país.
    Considerando este punto de referencia, los tiempos de entrega según la promesa de nuestros aliados logísticos son:
    - Medellín, Cali y Bogotá 2 o 3 días hábiles.
    - Otras ciudades 3-6 días hábiles.
    - Pedidos de libros provenientes de España tienen de 20 a 25 días hábiles para ser entregados.
    - Pedidos de libros provenientes de USA tienen de 20 a 25 días hábiles para ser entregados.