Empresa E Administración
Autor: Cabarcos Bermudez, Xose Luis
¡Si fueras socio Praim Onlain+ tendrias 20% OFF! en Empresa E Administración
Empresa E Administración
Este libro desenvolve os contidos do módulo profesional de Empresa e Administración, do Ciclo Formativo de grao medio de Xestión Administrativa, pertencente á familia profesional de Administración e Xestión. Os contidos tratados correspóndense cos establecidos no currículo oficial vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 191/2010, do 28 de outubro.;Empresa e Administración ofrece información sobre emprendemento e innovación, destacando o valor da innovación na actividade empresarial, e incluíndo a definición legal de persoa emprendedora e as características dos emprendedores. Tamén trata sobre o risco, como elemento asociado ao emprendemento e a innovación, sobre a oportunidade que para as empresas supón a súa internacionalización, e sobre as axudas e ferramentas existentes para emprender e innovar.;Por outro lado, abórdase o concepto de empresa e empresario, coas formas xurídicas que máis frecuentemente se adoptan para o desenvolvemento da actividade empresarial, e mais os trámites que cómpre efectuar para constituír e poñer en marcha a empresa. Tamén se analizan a configuración do sistema tributario español e as principais obrigas fiscais da empresa.;Por último, tras facerse referencia á separación dos poderes do Estado e as fontes do ordenamento xurídico, trátase sobre o réxime xurídico do sector público e a regulación que afecta ao persoal ao seu servizo. Ademais, analízase a actuación da Administración nas súas relacións cos cidadáns, abordando o concepto de acto administrativo e as fases do procedemento, así como as posibilidades de revisión das resolucións administrativas.;Así mesmo, cada unidade inclúe variadas actividades propostas e gran cantidade de cadros de información adicional con exemplos reais e un práctico mapa conceptual que facilita o repaso. Para rematar, ao concluír cada unidade, ofrécense actividades finais de comprobación tipo test, de aplicación, e de ampliación.;O autor, diplomado en Ciencias Empresariais e en Relacións Laborais, e graduado en Dereito, é funcionario de carreira en activo no corpo de profesores de ensino secundario, e do corpo de profesores técnicos de formación profesional. Conta con máis de 15 anos de experiencia profesional na docencia de Ciclos Formativos de grao medio e superior da familia de Administración e Xestión. Ademais, a súa formación foise complementando con diversos cursos de actualización e a realización do máster en Práctica da Avogacía.
De: Bukz España
Editorial: Paraninfo
Número de páginas:
Categoría:
Disponibilidad en tiendas |
---|
Bukz Las Lomas: Cra. 30 #10-335 Trans Inferior, MedellinNo disponible |
Bukz Bogota 109: Cl. 109 #18-39, San Patricio, BogotaNo disponible |
Bukz Viva Envigado: Cra. 48 #32B Sur-139, Zona 1, Envigado, AntioquiaNo disponible |
- Los envíos se realizan de lunes a sábado a todo el país.
-
Considerando este punto de referencia, los tiempos de entrega según la promesa de nuestros aliados logísticos son:
-
- Medellín, Cali y Bogotá 2 o 3 días hábiles.
-
- Otras ciudades 3-6 días hábiles.
-
- Pedidos de libros provenientes de España tienen de 20 a 25 días hábiles para ser entregados.
-
- Pedidos de libros provenientes de USA tienen de 20 a 25 días hábiles para ser entregados.